Xuntamos neste encontro online a dúas persoas acostumadas a colaborar dende a materia nos procesos de artes vivas, para falar dos pontes entre a escultura, a tecnoloxía e a danza.
Por unha banda, a investigadora, artista e biohacker galega Paula Pin, cunha investigación experimental situada na intersección entre bioloxía, ciencia e prácticas Queer.
Pola outra banda, o escultor ambientalista catalán Joaquín Jara que centra a súa obra na relación antropolóxica coa natureza e o paso do tempo e nos conceptos de descubrimento, desaparición e aparición.